Dandoanota (galego/castellano)

GALLEGO
Dandoanota naceu no curso 2014/2015, cando aínda estaba comezando a miña andaina coma mestra de escola nun pequeno centro rural público de Castela e León, moi pretiño de Leitariegos. Nun principio este era un blog de aula para apoiar as miñas clases, no cal subía materiais de repaso e algunhas das actividades que realizaba co meu alumnado. Mais, se sodes mestres/as, saberedes que ao principio da nosa carreira é habitual andar de aquí para alá un tempo, estreando cole cada ano durante os nosos primeiros cursos, polo que decidín crear outro blog específico para o centro no que estivera nese momento, xa que empregar este mesmo ano tras ano con diferente alumnado non me parecía práctico.

Por aquel entón a Educación Musical comezaba a espertar nas redes sociais, e xa eran varios os docentes de Música que dedicaban os seus blogues a partillar recursos con outros compañeiros/as. Sen dúbida descubrilos/as foi unha gran fonte de inspiración, déronme ideas marabillosas para as miñas clases e animáronme a materializar as miñas propias, e que menos para devolver o favor que compartir eu tamén o que humildemente ía elaborando. Decidín dedicar a iso este espazo e así ata hoxe. Son unha acérrima seguidora do “compartir é vivir”, e mentres me siga a nutrir do que xenerosamente comparten os meus compañeiros e compañeiras, aquí seguirei.

Neste blog non atoparedes materiais moi profesionais, pero si uns elaborados con todo o cariño para o meu alumnado e para os compañeiros de profesión que lles poidan sacar proveito. Agardo que este recuncho vos resulte de utilidade!

Un saúdo e que a música vos acompañe!

Para calquera cousa, podedes poñervos en contacto comigo a través de Instagram (@dandoanota), YouTube (Nerea Seijoso) ou por correo electrónico na sección “Contacto” deste blog.


CASTELLANO
Dandoanota nació en el curso 2014/2015, cuando aún estaba comenzando mi andadura como maestra de escuela en un pequeño centro rural público de Castilla y León, muy cerquita de Leitariegos. En un principio este era un blog de aula para apoyar mis clases, en el cual subía materiales de repaso y algunas actividades que realizaba con mi alumnado. Mas, si sois maestros/as, sabréis que al principio de nuestra carrera es habitual andar de aquí para allá un tiempo, estrenando cole cada año durante nuestros primeros cursos, por lo que decidí crear otro blog específico para el centro en el que estuviera en ese momento, ya que utilizar el mismo año tras año con diferente alumnado no me parecía práctico.

Por aquel entonces la Educación Musical comenzaba a despertar en las redes sociales, y ya eran varios los docentes de Música que dedicaban sus blogs a compartir recursos con otros compañeros/as. Sin duda descubrirlos/as fue una gran fuente de inspiración, me dieron ideas maravillosas para mis clases y me animaron a materializar las mías propias, y qué menos para devolver el favor que compartir yo también lo que humildemente iba elaborando. Decidí destinar a eso este espacio y así hasta hoy. Soy una acérrima seguidora del "compartir es vivir", y mientras me siga nutriendo de lo que generosamente comparten mis compañeros y compañeras, aquí seguiré.

En este blog no encontraréis materiales muy profesionales, pero sí unos elaborados con todo el cariño para mi alumnado y para los compañeros/as de profesión que les puedan sacar provecho. Espero que este rincón os resulte de utilidad!

¡Un saludo y que la música os acompañe!

Para cualquier cosa, os podéis poner en contacto conmigo a través de Instagram (@dandoanota), YouTube (Nerea Seijoso) o por correo electrónico en la sección "Contacto" de este blog).

No hay comentarios:

Publicar un comentario