Un ano máis e sen
moitos cambios velaquí comparto o meu quinto caderniño docente. O formato é o
mesmo dos últimos cursos, xa que é o que me resulta máis práctico no día a día.
A única novidade é que aparecen sinaladas unhas cantas efemérides as que coido
podemos sacar partido na aula. As recomendacións que vos dou son as de sempre:
imprimir a portada en cartolina e sen marxes e o resto a dobre cara en papel de 90 gr. ou máis.
Podes descargar
o caderno picando aquí.
Aquí tes algunhas imaxes do interior:
Que a música vos acompañe!
(Coma sempre, se detectades algún erro que se me pasara por alto no caderno ou se queredes facer algunha suxestión para o dos vindeiros anos, léovos!)
