martes, 29 de junio de 2021

Caderno Docente curso 2021-2022 (en galego)

Un ano máis, velaquí está de novo o caderno docente do próximo curso para celebrar a inminente chegada das vacacións de verán, desta vez máis merecidas ca nunca (vaia aniño intenso, mi madriña!).

Tras varios cursos mantendo a mesma distribución e estética do caderno, nesta ocasión decidín cambiar un chisco e optar por unha liña máis limpa e sinxela, sen tanta cor e fundindo os apartados do planificador e da axenda nun, a ver que tal resulta.

Se premedes AQUÍ poderedes descargar gratuitamente o caderno. No seu interior atoparedes:

Portada, contraportada e apartado de datos persoais:



Calendario escolar (nesta ocasión de CIG Ensino) e horarios:



Apartado de gardas e separador trimestral:



Anotacións mensuais co seu correspondente calendario á dereita:



Táboa de planificación semanal cunha última fila pensada para utilizar a modo de axenda:



Listaxes sinxelas de alumnado e cualificacións trimestrais (emprego un caderno a parte para anotacións e un seguimento máis exhaustivo):


Ao fina do caderno hai tamén varias páxinas punteadas para anotacións, debuxos, ideas e demáis.

 

E isto é todo. Coma sempre, se detectades algún erro no caderno ou tedes algunha suxestión sobre o mesmo, os comentarios están abertos. Tamén podedes contactar comigo por Instagram (@dandoanota), aínda que cada vez estou menos activa polos mundos virtuais.

Agardo que pasedes unhas boas vacacións, sempre con sentidiño, para ter unha volta o máis calma posible.

Saúdos e saúde! Que a música vos acompañe!


*Acceso ao Drive do caderno:




*ACTUALIZACIÓN 01/07/2021: 

Como me pedíchedes algunhas por Instagram, aquí vos engado o caderniño que emprego para controlar asistencia, avaliacións e incidencias por se vos resulta útil 😊. Eu o imprimo en A5 (medio folio) e o meto no típico arquivador de 4 aneis para ir engadindo as follas que precise.

5 comentarios:

  1. Este caderno está fantástico! Mil grazas por compartilo.
    Gustariame engadir unha folliña de tarefas e quedouche tan chusquiño que quería usar o mesmo formato para engadilo no caderno.
    Poderías dicirme cal foi o tipo de letra que utilizaches?
    Graciñas mil e de novo, parabéns!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola túa xenerosidade! Xa van dous anos que descargo a túa fantástica axenda, síntome en débeda. Grazas.

    ResponderEliminar
  3. Xa cho agradecín en persoa, pero este traballo ben merece agradecelo por aquí tamén. Unha axenda moi chula e ademais en galego!! Grazas compi 🤗

    ResponderEliminar
  4. Jackpot Casino site - ChoEgoCasino
    If you want to play jackpot slots, you have come to 바카라 the choegocasino right place. Jackpot Casino is a site 제왕카지노 that offers an incredible selection of slots and games.

    ResponderEliminar