miércoles, 29 de junio de 2022

Caderno Docente curso 2022 - 2023 (en galego)

Velaquí estamos de novo, rematando outro curso escolar e traendo, como xa é tradición, o caderno docente do vindeiro... a sétima edición, nin máis nin menos! O tempo voa!

Non hai moitas novidades que amosar ó respecto, o deseño segue a ser o mesmo co dos últimos cursos, sinxeliño e con bastante espazo para a planificación das sesións unido a un pequeno recuncho a modo de “axenda”. Por cambiar, o único que cambia son as cores, xa que tras todos estes anos de probas facendo os meus propios cadernos, penso que por fin dei co deseño que me resulta máis cómodo e eficiente. Lembro que eu son mestra especialista en Educación Musical, e polo tanto está todo adaptado ás miñas necesidades como tal, mais seguro que algunha cousiña pode servir a docentes doutros ámbitos!

Coma sempre, recomendo imprimir a portada en cartolina e configurar a impresión para que non saian eses antiestéticos bordes brancos arredor dela. Para o resto do caderno, con papel de 90 gr. é suficiente.

Aquí tedes unhas capturiñas dos diferentes apartados:


PORTADA E CONTRAPORTADA


CONTRAPORTADA E DATOS PERSOAIS


CALENDARIO ESCOLAR E HORARIOS


GARDAS E SEPARADORES TRIMESTRAIS


ANOTACIÓNS E CALENDARIO MENSUAL


PLANIFICADOR SEMANAL E AXENDA

                                                      AVALIACIÓN DO ALUMNADO

 ESPAZO PARA ANOTACIÓNS E COUSAS VARIAS

Na seguinte ligazón podedes descargar o caderno: clic aquí (Editado o 30/06)


Coma sempre, se detectades algún erro non dubidedes en facermo saber nos comentarios ou na sección de contacto para poder corrixilo (non sabedes o que lle baila a unha a cachola ao facer documentos coma este...).

NOTA: O curso pasado fixen un pequeno rexistro de faltas de asistencia e incidencias mais unha versión con máis espazos do apartado de avaliación, na práctica non lles din uso (tirei do dixital), así que non o renovei, mais aquí tedes a ligazón novamente por se vos interesa, xe que ao ser apartados de uso “perpetuo” pódense seguir utilizando ano tras ano: clic aquí

4 comentarios:

  1. Boas Nerea! Mil grazas por compartir, un ano mais vouna usar porque é super práctica. Moita sorte neste curso. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Por certo, este ano aínda é máis bonito que o ano pasado, está super pensado e logrado. Bicos

    ResponderEliminar
  3. Xa é tradición! Moitas grazas polo teu traballo. Ánimo co novo comezo.

    ResponderEliminar
  4. Xa a teño impresa, encántame! Graciñas mil ☺️

    ResponderEliminar