miércoles, 26 de octubre de 2022

Bingo de instrumentos escolares (cartóns + audios)

Ola, ola! Sigo sen aparecer moito por aquí, mais dada a boa acollida que tiveron no seu día os meus xoguiños musicais (lince, oca, bingo, tarxetas...) non quería deixar de compartirvos este bingo de instrumentos escolares que preparei para que a rapazada repase o nome e/ou o son dos instrumentos que temos habitualmente na aula de Música. Nada que ver o deseño cos xogos que vos compartía hai anos, nótase que daquela non existía San Canva! (Agardo ir actualizando os anteriores pouquiño a pouco). :)

Velaquí podedes descargar os cartóns, trinta en total, e máis abaixo deixo os audios correspondentes aos 20 instrumentos que neles aparecen, mais tamén se pode xogar dicindo simplemente o nome do instrumento, dependendo do nivel e do que queiramos traballar nese momento. Agardo que vos sexa de utilidade e que pasedes un bo ratiño de repaso na clase con este xogo. 

 
Que a música vos acompañe!


Descarga os cartóns picando aquí:



Accede á carpeta cos audios picando aquí.