viernes, 30 de junio de 2023

Caderno Docente curso 2023-2024 (en galego)


Ola a todas! Velaquí andamos novamente, saíndo do retiro de redes sociais un anaco para partillarvos a oitava edición do meu caderniño docente a modo de agasallo de fin de curso.

A verdade é que non hai moitas novidades con respecto aos cadernos dos últimos anos, dende que atopei unha distribución que me encaixa adícome a reutilizala por mera practicidade (en xuño a cachola non da para moito e unha servidora valora cada vez máis o seu tempo persoal, así que... cero complicacións!).

Coma sempre, aconsello imprimir “a sangue” para evitar as antiestéticas  marxes brancas na portada e nas demais páxinas especiais (datos, horarios, calendario e separadores trimestrais), empregando sempre papel de boa gramaxe, e pouco máis.

Agardo que vos sexa de utilidade e, coma sempre, se detectades algún erro ou tedes suxestións de mellora, son todo ollos para lervos. Que pasedes un bo verán de desconexión e recarga enerxética. Apertas!

PARA DESCARGAR O CADERNO PICA AQUÍ.
Vista previa:

3 comentarios:

  1. Grazas por compartir esta marabilla! Tentarei organizarme con este precioso caderno o curso que vén. O meu primeiro propósito! Viva a Educación musical! Boas vacacións! Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por compartir este fermoso traballo. É moi útil, é precioso e está en galego. Marabilloso.

    ResponderEliminar
  3. Me encanta el cuaderno,habría alguna posibilidad de conseguirlo en español?

    ResponderEliminar